chaman a porta….. eu mentras tanto percorria o campo cheo de millo, millo verde, moi verde… de supeto, quedeime sin poder oir. Non percibo nada a traves dos meus oidos, nada na miña cabeza insonorizada, percátome que pouco a pouco a miña cabeza vai engrandecendo cada vez mais,  -siguen chamando a porta…. –  decido coller un cabalo do establo, pero a miña cabeza e tan grande e tan gorda que cada vez que subo o cabalo ladeo do peso superior…

…cain…

DSC00719

…unha vez no chan intento levantarme e sin conseguilo a miña unica esperanza e arrastrarme igual que unha babosa…. eu, nunca quisen ser unha babosa, e mira por donde….

a miña cabeza e tan grande, tan gorda e tan pesada que vai sachando o campo e aproveito para ir sementando a terra para o ano que ven, xa sabedes que o millo hai que recollelo e voltalo a prantar,…

un pequeno insecto apoia as suas delicadas patiñas na miña non delicada cabeza que a medida que arrastrome pola terra, vexo, xa que a cabeza virame cara a atras, o tremendo desperfecto que estou a facer, todas a mazarocas polo chan mentras que intento coller algunha para levar a boca e poder xantar algo…ainda que xa sei que non paga a pena,  a viaxe e tan larga que languidecerei polo camiño…. toda a cabeza chea de terra… cabeza grande… cabeza gorda…

-quen é?…

Sempre gustoume a hospitalidade e abrir a miñas maos, as miñas portas, o meu corazon , e as veces o meu cú.

estan chamando a porta!!!!

vou abrir….

Andaba na leira a facer algunha chollada cando de supeto chaman a campá da miña porta,  - sempre igual!!!, sempre que estou en disposición de facer algo chaman a campá

… subome os pantalóns, que o facer que traballas sempre embaixan e deixan a raia do cú o descuberto… ( e a primeira sinal que percibo – o cú empeza a abrirse-)

- Ola que tal!!!

-SuperBIEN… !!!!

(xa o sabia eu….!!!)

- e como vai a tua vida…?

- SUPER BIEN, SUPER FANTASTICA, ESTA TARDE ME MUDO A UNA SUPERCASA SUPERNUEVA….

- Aledome de verdade (de que non veñas para quedarte…)

-COMO?

-perdon, SUPER ALEDOME DE SUPER VERDADE…

- Ah, SUPER GRACIAAAASSSSSS, POR CIERTO ME VOY A DAR UNA SUPERDUCHA, NO TE IMPORTA SUPERVERDAD?

- non que va… non amolas…

(non amolas?  - a raia do cú cada vez esta mais aberta…..)

…..

” O final a miña tia de Ferrol ven para ficar uns meses…. e eu non o podo soster… cando saia da ducha, digollo…”

e.. que tal a ducha?… ah…puseches un pixama?

-SI PORQUE ESTOY SUPERCANSADA, VOY A DORMIR UNA SUPERSIESTA. NO TE MOLESTA VERDAD?

- non, non… que va…

-¡COMO??

- perdon… SUPERNON, SUPERNON, SUPERQUEVA…

- SUPERGRACIAAASSSSS… NO PONGAS EL TELEVISOR MUY ALTO….

-aha…


…..

15 Dias despois…

….

-SUPERBUENOS DIASSSSSS-

-ola, bos dias… voume tomar un gintonic….

DSC01276

Onte comenzou a chover e hoxe chove ainda mais, para remediar estes males de cambio de tempo o mellor e refrescar a memoria xa perdida do vran.


Pensar sempre que todo pode estar mellor do que está e unha sinxela maneira de saber que todo pode cambiar e facerse como nos anhelamos.

De feito eu o practico a diario, mais ben a noitiña cando vou pra cama.

Penso en que todo vai a mellor nun presente, descarto o futuro.  Vivo e desexo o presente:

eu quero estar ben agora

eu quero ser feliz agora

eu quero vivir agora


…e as veces pensamos en que nos vaia ben,(algun dia) en ter diñeiro (antes de que remate o prazo de pago) …sempre nun tempo futuro.


Unha vez de viaxe o centro, atopei cunha muller que confesoume que os desexos poden ser realidade pero pensandos no presente, dicíame que cometia o erro de desexar o futuro… daquela cambiei a miña forma de desexar e dinme conta que funciona.. .


…Agardaba impacente a que fora a noitiña pra ir a cama a durmir para, como todolos dias (mais ben noites), empezar a desexar cousas e mais cousas, xa tiña pensado unha lista enorme de cousas que ansiaba…


E xa por fin e despois de non ver rematala miña serie favorita, disculpeime para retirarme a cama sin que sospeitasen.

A cama, dura coma sempre,  acolleme entre as sabanas…

Poñome en posicion de DESEXAR;



- ehh,  hoxe desexo….. ummmm.


- eeee.  que ben xa o teño!!!!


Dinme de conta que non facia falla nin pensalo, no momento que desexaba algo,  xa o tiña-


coido que mañá seguira chovendo…

é  o que desexo…

…sacarei mais fotos do vran….!!!!

DSC01237

A TRAIZON:

Por medio de traizón, sen que a víctima o espere e sen que poida reaccionar. (Real Academia Galega).

agatha ruiz de la prada fall 2009

As FALSAS criticas recibidas polas fillas dun presidente do Goberno por vestir dunha forma persoal e madura, veñen dos mesmos de sempre, dos FALSOS que intentan trocala realidade para facer dano baixo o lema:

“O importante e que EU sobreviva, ainda que sexa  arrastrándome por conseguir o meu obxectivo”



Fíxate ben que un dos máis criticos e maleducados (non cabe dubida) son os periodicos da dereita, “El Mundo” foi o primeiro en poñer en portada a dúas menores de idade (neste caso o defensor do menor non presenta ningunha suxestión o fiscal do menor, como fixo no caso da filla da TODOPODEROSA Belen Esteban) só por ir vestidas dunha forma que a eles non lles gosta ou por superioridade ou por clasismo, pero sin parar a pensar na liberdade das rapazas.

E curioso que o Director deste periodico reproba estas vestimentas cando as propostas da súa muller Agatha non son moi acertadas, a lo menos.

Tampoco esquezamos as polémicas fotos onde este mismo director de periódico saia vestido con corsé, fusta e sosten.

As criticas a os demais ou a falta de respecto fan que cada un quede no lugar que lle corresponde.  Ser traidor criticando e ser ignorante e algo que pon a cada un no seu lugar.

OLLO !!! cando se acerquen os perfidos…. sempre están aí fora. Atentando contra todos.


Más traiciones se cometen por debilidad que por un propósito firme de hacer traición.

François de la Rochefoucauld(1613-1680) Escritor francés.

Os esperados moluscos

Os esperados moluscos

Non todo o mundo ten a ben ser benquerido polos seus, xa que para elo e importante ter unha disposición e unha autoestima ben alta.

Cando estamos presentes, podemos radiar os demais coa noxa boa enerxía ou podemos queimar con o negativo que levamos dentro…. doume de conta que de cando en vez fíxome no meu arredor e percatome que participamos nunha pantomima que non leva a ningures. .. Somos como somos, e a felicidade de saber que hai xente que aprecia a amizade, e vou mas alá que a simple foto, porque quero corresponder e ser correspondido, cando estou, cando comparto, cando convivo, cando gozo e cando estou baixo… quero compartilo… Chámase corresponsabilidade.

A pena e que, quen ten que ler isto non o lerá e voltaran coas mans valeiras e os corazóns frustrados de non apreciar e non sentir… choraran e culparan os demais da súa vida, choraran e gritaran como as centolas introducíndose na auga fervendo.

E cando por fin estamos dispostos a comelas…. non están, non hai nada,… e o meu corazon chora de comprobar que dentro non hai nada , que todo é apariencia por fora. Están radiantes, alegres e dispostas a compartir o que levan dentro…. Logo daste de conta que dentro non hai nada… pero que ben o pasamos compartindo nada… e o mais rico e o mais importante ter algo que compartir algo que dar, ter algo que recibir…

“Todas as boas maneiras teñen que principiar compartindo alguna cousa con sencillez. Dous amigos teñen que compartir un paraugas; si non tes un paraugas, terás polo menos que compartir a chuvia, con todas as suas ricas posibilidades de humor e filosofia.” Chesterton

Que boa pinta....

Que boa pinta....

DSC01511DSC01517DSC01515DSC01512-1
DSC01507DSC01508

Se queres adoptalo nos dubides en poñerte en contacto con nos—

DSC01125

DSC01166

os dias eiquí, nótanse mais longos e cheos de sentidos,

 

pola súa sinxeleza e pola súa verea.


DSC01162

28052009740

29052009752

29052009753

31052009758

28052009744

fotos camara 221

Sentado no coche indo cara a vilanova de cerveira, a miña cabeza ilusionábase recreando unha tarde con tres mulleres nun xardín, semiespidas e cunha saca laranxa, das de ir a praia, chea, cheisima de cosméticos para as mans, rostros, unllas…. e de súpeto atópome pintarraxeando eses pedazos de unllas que teñen. Bonitiñas si. Pero Jrandes!!!.

Casi chegando a ponte, entre goian e vilanova, doume de conta que, ó meu carón levaba a tres homes de moito coidado.  Edu, rexenta un bar de lesbianas e de finde en finde actúa nos mellores locais da comarca, centros de xubilados, centros sociaís, culturais…. leva anos preparando os seus espectáculos que estrea sempre entre as mellores ovacións e aplausos do público en xeral, portadas de revistas e prensa en xeral asi é este compañeiro de viaxe cara a cerveira – volvín ó meu xardín imaxinario onde a cosmética e coidados faciais, baixaban ata os pés, acetona para quitalo anterior esmalte e volta a pintar. cantareiras non sairon, pero mostraban uns corpos espidos e bronceados polo sol que ben parecia do cadro “tres mujeres bañandose” de paul cézanne.

fotos camara 224

trala ponte e xa adentrándonos e portugal, vin polo retrovisor ó outro home que permanecía sentado na parte traseira do meu automóvil. Tom, rexenta unha tenda de fotografía, fai boas fotos, expón e tamén fai fotoreportaxes, cando non leva unha cámara colgada, adica o seu tempo a facer conquistas cibernáuticas e sempre chega a algún porto como mariñeiro ansiado tras unha marea de noves meses, – os mesmos meses que lles leva as tres mulleres, que  me agradan no meu xardin colocadas extratexicamente, perfilar as insistentes unllas dos pés, cinco por cada pé, trinta en total, cortadas, pintadas, esmaltadas e con brillo. – juan que é o que vai o meu lado conducindo, canta un avemaría mentras comtemplamos a paisaxe lusa. Adícase a crear, todo o dia creando e a maiores tamen se gaña a vida creando para os demais, no seu tempo libre pinta e fai cinta acrobática; campión da comarca en estilo libre, ensaia todolos dia no fallado da súa casa.

Xa chegando a Vilanova de cerveira, baixei a cabeza lentamente para que non se percataran e descubrin as unllas dos pes de edu, tom e juan pintadas, esmaltadas e con brillo. As tres mulleres que estaban no meu xardín eran os tres homes que viaxaban no meu coche. Igual que as rapazas de Ipanema.

fotos camara 243